Sunday 12 de May de 2024

Un total de 21 veciños e veciñas participaron nun curso de Plantas Aromáticas e Medicinais


Un total de 21 veciños e veciñas de Frades participaron durante os últimos cinco sábados no Curso de Plantas Aromáticas e Medicinais, un obradoiro de 16 horas lectivas organizado polo Concello de Frades e que se impartiu no multiúsos municipal. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, entregoulle ao alumnado cadanseu diploma de participación e aproveitou para adiantarlles que na oferta formativa para este outono-inverno se inclúen, entre outros, a segunda edición de cursos moi demandados este ano como son os de Horta Ecolóxica, Poda e Enxertos e Plantas Aromáticas e Medicinais.

Grazas a este curso, estes 21 veciños e veciñas de Frades aprenderon os usos e principios activos e as partes útiles de plantas coma o perexil, o romeu, o tomiño, a menta, a salvia, o ourego, a albáfega… así como os seus métodos de cultivo, recolección e conservación.